domingo, 2 de febrero de 2020
DÍA 34: A PRIMEIRA PEDRA NO CAMIÑO
Pois sí. A primeira pedra do camiño aos 100 km chegou hoxe en forma de ¿lesión?, eso parece. Levaba 23 km corridos dentro dos cales xa me tiña molestado algo pero non foi ata baixar da estatua co canteiro, no embalse de pontillón do Castro, cando a perna esquerda, xusto debaixo da rodilla, me dixo basta. Unha dor moi desagradable que me impedía correr por moito que no intentara, unha sensación, repito, moi, moi desagradable, coma se estivese algo trabado aí. A verdade é que que che pase algo desto cando vai todo rodado é unha putada, pero destas cousas apréndese, apréndese a estirar si ou si para que non che pasen estas cousas, a descansar algo máis...etc. Aprendes a valorar cando estás ben sobretodo. Pero claro, mirando con perspectiva, é normal que me pase. Xamais, nos 2 anos que levo correndo, só DOUS ANOS, fixen tantos quilómetros, e claro, o corpo aínda se está habituando e que veñan sobrecargas é algo normal, esperemos que non vaia a máis. O raro sería que non me pasase nada nesta preparación.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 23,11 km
Duración total: 01:58:01
Ritmo medio: 05:06 min/km
Sensacións: Malas
sábado, 1 de febrero de 2020
DÍA 33: TROTANDO E CANSADIÑO
Chega a fin de semana, cheira a quilómetros. Tras descansar, como cada semana, o Venres, o Sábado pola mañá baixo unha densa chuvia cálzome as zapatillas, poño o chuvasquero e saio a correr por Campo Lameiro adiante. Hai que dicir que hoxe as pernas pesaron moito, entre o tempo que estaba, as semanas de traballo que estamos tendo e os quilómetros que xa teño enriba acumulados, máis non se pode facer, pero ao final saíu un bo entreno con vistas aos 50 quilómetros de mañá, que é o entreno verdadeiramente importante.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 12,02 km
Duración total: 00:51:58
Ritmo medio: 04:19 min/km
Sensacións: Cansado, pero ben
jueves, 30 de enero de 2020
DÍA 32: SUFRINDO NAS SERIES LONGAS
Chegaba un dos días máis duros de cada semana, xunto cos entrenos dos Domingos. Normalmente fago dous días de series, os Martes son as series cortas e os Xoves é cando hai que apretar os dentes e sufrir nas series de máis distancia. Para hoxe, Victor tíñame programado un 7000 e un 6000, sendo o 7000 a un ritmo máis rápido ca o 6000 para aprender a autoregularme. Efectivamente, xa sabe do que peco. Empezo o 7000 con tantas ganas que os dous primeiros quilómetros saenme a 3:20 e 3:21 min/km respectivamente, despois, loxicamente, peto e empezo a baixar o ritmo pero aínda así o 7000 saeme nunha media de 3:33 min/km, que non está nada mal. O meu fallo foi comezar a un ritmo tan, tan rápido, pero soubeno salvar ben. Tras descansar 4-5 minutos, tocaba facer o 6000. A un ritmo máis baixo ca o 7000 e efectivamente, mantéñome entre 3:37 e 3:43 min/km, saíndome unha media ao final de 3:41, que volvo repetir, para comezar o 7000 a un ritmo tan rápido, non está nada, pero nada nada mal. Agora, por diante un Venres de descanso antes da quilometrada da fin de semana.
DATOS DO ENTRENO:
Distancia total: 19,07 km
Duración total: 01:18:07
Ritmo medio: 04:05 min/km
Sensacións: Moi boas
DÍA 31: TROTANDO SUAVEMENTE
Mércores sen nada novo. Entre os días de series ou ben se descansa por completo ou se trota, e eu escollo trotar, aínda que sexa moi suave. O simple feito de saír a correr xa axuda a un. Seguimos con días de chuvia en Galicia pero sen nada de frío, media hora para ver que roupa coller para saír a entrenar. Día sen máis.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 7,33 km
Duración total: 00:35:12
Ritmo medio: 04:48 min/km
Sensacións: Moi boas
martes, 28 de enero de 2020
DÍA 30: AUMENTA A DURACIÓN DAS SERIES CORTAS
Tras soltar algo os músculos na xornada do Luns trala tirada longa do Domingo, como cada Martes tocaba desprazarse a Pontevedra para facer intervalos curtos, desta volta de 2 minutos de duración. Nun principio, o día non acompañaba moito, estamos a ter días grises e de chuvia que ao que máis convidan é a quedar na casa ao quente, pero quen algo quere algo lle costa. Ao aumentar a duración dos intervalos pois case case hai que baixar algo máis o ritmo ca se son curtas, para aguantalas. Máis ou menos, a media de todos os intervalos saen a 3:14-3:15 min/km, o cal non está nada mal para a carga de quilómetros que estamos facendo, as pernas ao comezo da semana sempre pesan pero parece que estamos asimilando ben os entrenamientos. Sigamos!
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 13,52 km
Duración total: 01:00:15
Ritmo medio: 04:27 min/km
Sensacións: Boas, pero algo cargado.
lunes, 27 de enero de 2020
DÍA 29: SOLTANDO AS PERNAS TRALA QUILOMETRADA DO DOMINGO
Tras superar o muro da distancia de maratón o Domingo, hoxe comezamos nova semana e como cada Luns tocaba rodar un pouco por asfalto para soltar os músculos trala carga que se lle meteu onte. A verdade é que o día convidaba a saír de traballar e quedar na casa ao quente, pero quen algo quere algo lle costa e, como a todo esto que estou facendo lle estou metendo unhas ganas incribles. pois tocaba mollarse. Aínda con día, saio e fago o percorrido habitual dos Luns, pero baixo unha chuvia intensa e pertinaz que non parou nin un momento, incluso a veces con forte vento, o que dificultaba o trote. Ao comezo empezo ben pero xa entre máis da metade e o final do entreno xa noto que as pernas acusan o esforzo de onte, están bastante cargadas, pero é algo totalmente normal, hai que habituarse a correr tamén con fatiga!.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 15,52 km
Duración total: 1:10:57
Ritmo medio: 04:34 min/km
Sensacións: Boas, pero con pernas cargadas.
domingo, 26 de enero de 2020
DÍA 28: SUPERADA A DISTANCIA DE MARATÓN.
Cada semana que pasa, a cousa vaise poñendo cada vez máis seria, os quilómetros van aumentando de xeito considerable e iso o corpo vaino notando. Amencía un Domingo no que de madrugada chovera algo, de feito espertoume a chuvia batendo contra o tellado a eso das 6 da mañá e dixen uf! o que nos espera. Érgome da cama, desayuno o de tódolos días e saio, hoxe, na compañía de Felipe, el vai na bici e eu correndo. Todo se leva mellor en compañía. Repito o percorrido do outro día pero na Amil, en lugar de subir xa por monte, collo algo máis de asfalto para facer máis quilómetros, total o desnivel ía rematar sendo o mesmo, e finalmente foi algo máis que a semana pasada. Remato bastante cómodo a verdade, obviamente canso, son moitos quilómetros, pero todo vai rodado. Por sorte, só choveu algo no quilómetro 38-39 máis ou menos. O corpo xa se vai acostumando tamén a beber correndo e á toma de geles, cousa que sigo sendo reacio, non me gusta meterlle "merda" ao corpo pero tomar cousas sólidas correndo remataría sendo perxudicial, vas gastar moito e os geles métenche máis ou menos o que necesitas dun xeito máis efectivo e rápido. É o que hai.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 45,38 km
Duración total: 03:43:38
Ritmo medio: 04:55 min/km
Desnivel positivo: 1108 metros (o polar sempre marca de menos, é mellor fiarse do Strava)
Sensacións: Boísimas
"Da miedo saltar al vacío,
pero más miedo da
no hacerlo"
pero más miedo da
no hacerlo"
sábado, 25 de enero de 2020
DÍA 27: O CORPO PIDE CAÑA
O normal antes dunha tirada tan longa coma a que toca mañá Domingo, sería ou facer un trote moi suave ou xa directamente non facer nada, pero tras descansar o Venres, xornada que sempre elixo de desconexión de correr, hoxe xa nada máis erguerse e co día de sol que estaba, o corpo pedía saír a correr e darlle un pouco de caña. Os primeiros kms fanse algo duros xa que facía media hora que saíra da cama e aínda por riba foron de subida, a 4 e moito por quilómetro, pero conforme van pasando os quilómetros voume encontrando mellor ata o punto de que un simple trote suave convírtese nunha progresión que pasa dende ir a 4:50 min/km a rematar a 3:32 min/km. Cheguei a un punto que, tamén che digo, non sei canto durará, pero aínda ao ir a 4 min/km penso que vou lento, cando ir a ese ritmo xa é ir rápido, e inconscientemente aumento o ritmo e o mellor de todo é que vou cómodo, creo que é das mellores cousas que lle pode pasar a un corredor. Encontrarse a gusto e sendo feliz correndo.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 13,42 km
Duración total: 00:54:25
Ritmo medio: 04:03 min/km
Sensacións: Estupendas
jueves, 23 de enero de 2020
DÍA 26: SERIES LONGAS!
Tralo día de relativo descanso que é o Mércores, os Xoves son de sufrir, de tirar do corpo e da cabeza e de correr as series longas de cada semana. Hoxe, tocaban dúas de 6000 metros. O entrenador, o gran Victor, dime que no primeiro intervalo non baixe de 3:38 min/km para non queimarme xa na primeira serie, e despois no 2º si xa se me vexo con forzas dar lume. E así fixen, máis ou menos, o ritmo medio na primeira serie sae a 3:38 min/km e síntome super cómodo. No 2º 6000, comezo xa rápido pero hai algún quilómetro polo medio que me sae a 3:24 min/km, sufrindo, pero aínda así encontrábame moi ben. Finalmente, ese 2º 6000 sae a un ritmo de 3:30 min/km, que está moi, moi ben!
DATOS DO ENTRENO:
Distancia total: 18,01 km
Duración total: 01:15:41
Ritmo medio: 04:11 min/km
Sensacións: Inmellorables
miércoles, 22 de enero de 2020
DÍA 25: SOLTANDO, MOI, MOI SUAVE
Con tanta carga de quilómetros, non ven mal trotar moi moi suave algún día para soltar os músculos e así relaxalos un pouco. Ou eso, ou non correr, pero para non correr xa están os Venres asignados como libres de deporte, por iso, os Mércores, entre semana, sempre acostumo saír aínda que sexan 25-40 minutos máis ou menos, pero a un ritmo moi baixo. Pasaban das 20:30 h cando saín, pero teño tanta motivación e sobretodo tanta ILUSIÓN enriba que sempre che da un empurrón para saír sexa a hora que sexa. Un trote normal, sen forzar, xa que mañá o entreno será duro. De verdade, asegúrovolo, estos entrenos de trotes moi suaves, por moi pequenos e suaves que sexan, valen de moito.
DATOS DO ENTRENO:
Distancia total: 5,72 km
Duración total: 00:27:22
Ritmo medio: 04:46 min/km
Sensacións: Moi boas
DÍA 24: SERIES CORTAS
Os martes son das series cortas, dos intervalos a tope, dos entrenos tipo "fartlek", cambios de ritmo de non moita duración pero a tope. Para isto, baixo a Pontevedra ás 20:30 para entrenar cos do club (Miler) e coa axuda de Jose, que entrena comigo, realizo o entreno pero con pernas algo pesadas da carga de quilómetros que van aumentando pouco a pouco. Hoxe tocaban de 1' 45'', comezamos amodo, a 3:37 pero saen a unha media de 3:07 en xeral, máis ou menos, sendo a última a máis rápida, a 2:59. A verdade é que estos entrenos tan duros, en compañía, fanse moito menos duros, só podo dar as grazas.
DATOS DO ENTRENO:
Distancia total: 13,45 km
Duración total: 1:00:26
Ritmo medio: 04:29 min/km
Sensacións: Boas
lunes, 20 de enero de 2020
DÍA 23: TROTE MOI VIVO PARA COMEZAR A SEMANA
Así como as primeiras tiradas largas non facían rematar con moita carga acumulada no corpo, estas xa de 40 km xa se notan nas pernas facendo que estén algo máis pesadas nas 24-48 horas de despois, algo normal por outra parte, 40 quilómetros son 40 quilómetros, e se os fas por monte e con desnivel, aínda costan máis. Polo tanto, coma de costume, tocaba comezar a semana rodando un pouco para soltar as pernas da tunda de onte. Aínda con día, cousa que é de agradecer, saio da casa á tardiña e realizo un entreno na súa totalidade por asfalto pola contorna de Campo Lameiro a un ritmo moi vivo para ter feito unha quilometrada fai poucas horas, pero as sensacións non poden ser mellores. Finalmente, 16,52 km en 01:10:53.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 16.52 km
Duración total: 01:10:52
Ritmo medio: 04:17 min/km
Sensacións: Moi boas
domingo, 19 de enero de 2020
DÍA 22: PONSE SERIA A COUSA, DISTANCIA CASE DE MARATÓN
Os Domingos son de botarse a correr e a facer quilómetros. Nesta preparación, cada semana vanse sumando 5 km máis cada Domingo. Hoxe, tocaba facer case case unha distancia de maratón. Coa compañía de Hugo, que vai na bici, saímos ás 9:45 da mañá baixo un solazo de escándalo, pero tamén con moito frío, por diante, 40 quilómetros. Tiramos cara o embalse de Verducido, onde damos unha volta e onde tamén subimos á estatua do canteiro. A partir de aí, quedaba o máis duro, xa que o que ata ese momento baixáramos, había que subilo, pero decidimos ir por outro percorrido para non facer o entreno por unha mesma zona e tiramos cara a Amil onde nos dan os 31-32 km máis ou menos, quedaban só 8, pero con moito desnivel para riba. Nestes entrenos, xa non fisicamente, senon a cabeza xoga malas pasadas ao remate de cada entreno, xa que esos últimos quilómetros non dan pasado, pero con compañía lévanse moito mellor, menos monótono, vas falando, é outra cousa e ao fin e ao cabo o entreno é o mesmo.
![]() | ||||
| Un momento do entreno no embalse de Pontillón do Castro |
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 40,20
Duración total: 03:29:20
Ritmo medio: 05:12 min/km
Desnivel positivo: 1029 m
Sensacións: Inmellorables
"Y en mi casa, llorando, descubrí que había una persona que sí creía en mí. ¿Sabéis quién? Yo"
sábado, 18 de enero de 2020
DÍA 21: UN RODAXE BAIXO A CHUVIA EN PONTEVEDRA
Os Venres son de descanso, un descanso relativo, xa que hai que traballar e estás en movemento igualmente, pero este día, entrenar non se entrena, é o que se chama un "descanso activo". Polo tanto, tras descansar onte, hoxe Sábado, de paso que tiña que baixar a Pontevedra a facer unhas compras, pois xa me dispuxen a entrenar por onde tantas veces teño entrenado (e o que me queda), pola Illa das Esculturas. Eran sobre as 11 da mañá e comezo a correr un pouco, os primeiros quilómetros aínda saen algo máis amodo pero xa en pleno entreno algún xa sae a 4:00 min/km sendo en principio un trote moi suave antes da quilometrada de mañá Domingo, cando me tocan 40 km. Isto é algo no que me levo fixando ultimamente cando me tocan rodaxes sen forzar moito. Fisicamente encóntrome moi ben e isto debe provocar que non me coste nada ir a ritmos algo máis rápidos nas rodaxes, o corpo xa mo pide, sae só, digamos como que me aburro se vou máis lento, e antes nunca me pasara. É unha sensación maravillosa.
Para non facer este entreno máis aburrido, en vez de correr seguido pola Illa collo tamén por orillamar ata pasar a ponte da barca, para despois volver ata Monteporreiro e completar un percorrido de 12,29 km, con sensacións inmellorables.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 12,29 km
Duración: 00:52:16
Ritmo medio: 04:16 min/km
Sensacións: Moi boas
viernes, 17 de enero de 2020
DÍA 20: SERIES LONGAS, SUFRINDO!
Foi un día duro. Así como o anterior Xoves, cando tivera 2 series de 5000 metros me encontrei estupendamente, neste entreno no que tocaba un 6000 e un 4000, sufrín moito, pero aínda así cumplín, todo grazas aos compañeiros de entreno que tiraban de min cando eu non podía. A pesares de non ter un bo día, a serie de 6000 metros saleu a un ritmo de 3:35 min/km, o problema é que empezamos a 3:30 e ese empezar tan rápido notouse despois, pero aínda así soubemos salvalo ben.
Tralo 6000 tocábame un 4000. Ao acabar a primeira serie temía petar no 4000 pero nada máis lonxe da realidade. Coa axuda dos compis, conseguín rematar o 4000 a un ritmo máis rápido que o 6000, a 3:33 min/km, algo que me enorgullece bastante para non ter un bo día, o importante é rematar a un ritmo máis rápido do que se empeza, ou polo menos mantelo.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 16,57 km
Duración total: 1:08:35
Ritmo medio: 04:09 min/km
Sensacións: Boas, pero foi un día regularcillo
miércoles, 15 de enero de 2020
DÍA 19: UN MÉRCORES NORMAL
Os Mércores acostuman ser días de libre opción, tando podes non facer nada, é dicir, non salir a correr e descansar algo entre dous días fortes como son o Martes e os Xoves, ou sair a trotar pouco máis de media hora. Normalmente escollo a segunda, máis que nada porque agora o día que non corro é como se me faltara algo. Aproveito que as tardes xa comezan a medrar e saio sobre as 18:20 xusto despois de traballar. Subo medio porto de agüeiros e collo cara Chacente, onde dou volta cara Campo Lameiro e dou unhas voltas ata completar 8 quilómetros moi fáciles.
Non vale a pena ir máis rápido nun día coma hoxe, estas pequenas rodaxes tamén son importantes para soltar a carga que levan as pernas e, sobretodo, estirar moi ben despois, algo do que estou comezando a coller rutina.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 8,01 km
Tempo total: 00:35:56 seg
Ritmo medio: 04:28 min/km
Sensacións: Moi boas
"Se una de esas personas raras que no sabe como rendirse."⠀
martes, 14 de enero de 2020
DÍA 18: MARTES DE CAMBIOS CORTOS
Como cada Martes e trala rodaxe de 14 quilómetros do Luns, toca baixar a entrenar a Pontevedra con todos os do grupo ás 20:30. Nun día no que polo menos non choveu, o vento molestou e moito ao facer os cambios de ritmo. Hoxe, Jordi, un compañeiro meu de entrenos, fai as series comigo, sempre se levan mellor cando as fas con alguén, o deporte e 50% físico e 50% mental.
Saen todas de media a 3:05 min/km máis ou menos, recordo que son cambios de 1´30¨, polo que aquí xa hai que dar máis caña. Lévanse ben as que son co vento a favor, pero as outras, co vento en contra, por moito que quixeras é imposible manter o ritmo. Finalmente rematamos a tope e outros 13 quilómetros para a saca.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 13:08 km
Tempo total: 00:57:29 seg
Ritmo medio: 04:23 min/km
Sensacións: Moi boas
Saen todas de media a 3:05 min/km máis ou menos, recordo que son cambios de 1´30¨, polo que aquí xa hai que dar máis caña. Lévanse ben as que son co vento a favor, pero as outras, co vento en contra, por moito que quixeras é imposible manter o ritmo. Finalmente rematamos a tope e outros 13 quilómetros para a saca.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 13:08 km
Tempo total: 00:57:29 seg
Ritmo medio: 04:23 min/km
Sensacións: Moi boas
"Con que una persona entre un millón crea en mí es suficiente, y no me importa que esa persoa sea yo mismo"
lunes, 13 de enero de 2020
DÍA 17: COMEZO DE SEMANA. LUNS DE RODAR
Trala tirada longa do Domingo, as pernas aínda estaban algo tocadas pero para a miña sorpresa, e para non facer de momento nunca esa distancia de máis de 30 km correndo ata onte, o cansancio brillaba pola súa ausencia. Noite pecha xa cando me dispuxen a correr, sobre as oito menos cuarto. Ata ese momento non chovera, pero xusto antes de saír pola porta da casa... ala! Chuvia fina e persistente, desa que é bastante incómoda para correr, pero que chova e que sexa noite é unha excusa moi barata como para non cumplir co entreno.
Co cal, collo o meu frontal, un chuvasco amarillo reflectante e saio. A verdade é que hoxe era para facer algo moi suave pero a medida que vou quentando o ritmo vai aumentando e fago 7 km en pouco menos de 30 minutos. Baixo cara O Nogal e subo para Campo Lameiro pero variando o percorrido, collendo pola igrexa de Santa Mariña da Fraga, zona de habitual paso nas rodaxes por asfalto a estas horas. Remato de correr con sensacións coma as de estos días atrás, moi boas, pero non hai que emocionarse, con calma.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 14,10 km
Tempo total:1h:00:36
Ritmo medio: 04:17 min/km
Sensacións: Moi boas
"Que no te roben, esas ganas que son fuego"
domingo, 12 de enero de 2020
DÍA 16: TIRADA LONGA DE DOMINGO. CADA VEZ MÁIS KM
Amencía un radiante pero xélido Domingo en Campo Lameiro. Un levántase da cama sabendo que nunha hora ten que botarse ao monte para facer o entreno máis específico cara os 100 km do 14 de Marzo. Coma tódolos Domingos, hoxe tocaba quilómetrada, 5 km máis que na tirada da semana anterior. Por diante, 35 km.
Intento facer un percorrido no que pise o menos posible o asfalto. Subo cara o San Antonio e collo dirección ás antenas de Gargallóns, clásico percorrido de cando corro por monte moi suave sen facer moitos quilómetros pero claro, hoxe eran moitos máis que habitualmente. Collo cara o Acibal a descubrir novos camiños ata que dan xa os 20 quilómetros no pulsómetro. Encóntrome moi ben, tomo un gel ao levar 10 km máis ou menos e outro aos 20 km. Vanme estupendamente e aínda que os últimos quilómetros se fixeron longos (mentalmente, nestas tiradas o físico é importante, obviamente, pero a mente xoga malas pasadas, a veces fanse máis longos os 5 km finais que os 30 anteriores, parece que non dan acabado, pero é todo mental, e cando os fas só, hai que ter a cabeza moi entrenada). Finalmente, no meu camiño cara a casa xa pasan dos 36 km nun tempo total de 3h:03 min. Correr tanto tempo da pereza ao comezo, pero despois, unha vez quentas, xa está. Todo é poñerse.
Deixovos unha foto dende un dos altos da zona do Acibal:
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 36,02 km
Tempo total: 3h:03 minutos
Ritmo medio: 5:07 min/km
Desnivel positivo: 1018 metros
Sensacións: De momento, non poden ser mellores
Intento facer un percorrido no que pise o menos posible o asfalto. Subo cara o San Antonio e collo dirección ás antenas de Gargallóns, clásico percorrido de cando corro por monte moi suave sen facer moitos quilómetros pero claro, hoxe eran moitos máis que habitualmente. Collo cara o Acibal a descubrir novos camiños ata que dan xa os 20 quilómetros no pulsómetro. Encóntrome moi ben, tomo un gel ao levar 10 km máis ou menos e outro aos 20 km. Vanme estupendamente e aínda que os últimos quilómetros se fixeron longos (mentalmente, nestas tiradas o físico é importante, obviamente, pero a mente xoga malas pasadas, a veces fanse máis longos os 5 km finais que os 30 anteriores, parece que non dan acabado, pero é todo mental, e cando os fas só, hai que ter a cabeza moi entrenada). Finalmente, no meu camiño cara a casa xa pasan dos 36 km nun tempo total de 3h:03 min. Correr tanto tempo da pereza ao comezo, pero despois, unha vez quentas, xa está. Todo é poñerse.
Deixovos unha foto dende un dos altos da zona do Acibal:
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 36,02 km
Tempo total: 3h:03 minutos
Ritmo medio: 5:07 min/km
Desnivel positivo: 1018 metros
Sensacións: De momento, non poden ser mellores
El éxito es alcanzado por personas ordinarias con una determinación extraordinaria
sábado, 11 de enero de 2020
DÍA 15: TROTANDO BAIXO O SOL
Tralas series de 5000 do Xoves e o habitual día de descanso que é o Venres, que acostuma ser o día da semana no que non fago absolutamente nada relacionado con correr, tan só moi de vez en cando se non levo moita carga nunha semana añado un trote moi suave pero como agora xa estou entrando nun periodo de carga e intensidade bastante intensas pois con máis razón elixo o Venres como día totalmente libre.
Amenceu o Sábado 11 de Xaneiro con bastante frío e unha xeada que cubría de branco os campos da contorna. Sobre as 10 e media decido salir a trotar un pouco, era o entrenamiento de hoxe, rodar 50 minutos pero moi suave, con perspectiva da tirada longa do Domingo. Decido facer un percorrido de máis ou menos 10-11 km. Subo para Chacente e aí en lugar de tirar para a Armonda collo cara Muimenta e daí cara a Lamosa e ata Praderrei, todo baixada dende a Muimenta, pero mantendo ritmo sen emocionarse para evitar sobrecargas innecesarias. Finalmente, neste entreno saíron 11,07 km nun tempo total de 50 minutos e 35 segundos, o que é a un ritmo medio de 4:33 min/km máis ou menos, trote moi suave para non cargar as pernas tralos entrenos da semana e a tirada longa de 35 quilómetros que me espera o Domingo.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 11,07 km
Tempo total: 50:35 min
Ritmo medio: 4:33 min/km
Sensacións: Sensibilidade de pernas algo cargadas, pero totalmente normal, estamos aumentando a cantidade de quilómetros e a intensidade do entreno do Xoves sempre é alta. Entrenar con fatiga cando estás aumentando a carga é bo (sen pasarse, claro). Pero sentir, síntome moi ben.
Amenceu o Sábado 11 de Xaneiro con bastante frío e unha xeada que cubría de branco os campos da contorna. Sobre as 10 e media decido salir a trotar un pouco, era o entrenamiento de hoxe, rodar 50 minutos pero moi suave, con perspectiva da tirada longa do Domingo. Decido facer un percorrido de máis ou menos 10-11 km. Subo para Chacente e aí en lugar de tirar para a Armonda collo cara Muimenta e daí cara a Lamosa e ata Praderrei, todo baixada dende a Muimenta, pero mantendo ritmo sen emocionarse para evitar sobrecargas innecesarias. Finalmente, neste entreno saíron 11,07 km nun tempo total de 50 minutos e 35 segundos, o que é a un ritmo medio de 4:33 min/km máis ou menos, trote moi suave para non cargar as pernas tralos entrenos da semana e a tirada longa de 35 quilómetros que me espera o Domingo.
| Datos do entreno |
Quilómetros totais: 11,07 km
Tempo total: 50:35 min
Ritmo medio: 4:33 min/km
Sensacións: Sensibilidade de pernas algo cargadas, pero totalmente normal, estamos aumentando a cantidade de quilómetros e a intensidade do entreno do Xoves sempre é alta. Entrenar con fatiga cando estás aumentando a carga é bo (sen pasarse, claro). Pero sentir, síntome moi ben.
jueves, 9 de enero de 2020
DÍA 14. OS XOVES DAS SERIES LONGAS
Como cada Xoves, tocaba achegarse a Pontevedra a última hora da tarde, tras sair de traballar, para facer o típico entreno de dito día, normalmente, os Xoves son de series longas. Hoxe, tocaban 2x5000 metros. A verdade, coma sempre ao comezar un sempre se encontra con poucas ganas, varios factores acentuaban esa sensación como que vai frío, chovía algo, ter que desprazarse dende Campo Lameiro a Pontevedra... pero vencer a estas pequenas tonterías, porque non son outra cousa que excusas baratas, ao final vale a pena.
Comeza o entreno e coma de costume facemos sobre 25 minutos de quecemento a un ritmo cómodo, rondando os 5 min/km. Ao rematar, eu dispóñome a facer o primer 5000 e Jose intervalos máis cortos, pero coincidindo comigo en 3 tramos, él, faráas de 1500 metros aproximadamente. Coido que empezo demasiado rápido pero vexo que me encontro ben e sigo tirando a un bo ritmo e mesmo aumentandoo. Finalmente remato o primeiro 5000 a un ritmo medio de 03:36 min/km. A verdade é que para ser a primeira serie é un ritmo bastante rápido, o cal me fai estar algo acojonado de cara o segundo 5000. Recuperamos 5´e comeza o segundo intervalo. O primeiro quilómetro dese 5000 xa me sae a 03:29 min/km, ritmo moi alto pero vexo que me encontro ben e sigo rondando os 03:33-03:35 min/km todo o intervalo, mesmo aumentando a veces. Rematamos, e eu persoalmente coa sensación dun moi, moi bo entreno. A verdade é que de momento as sensacións non poden ser mellores, pero non só hai que entrar o correr, senon coidar moito a alimentación e o estilo de vida, algo primordial nos vindeiros meses.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 15,88 km
Tempo total: 1h:05 min
Ritmo medio: 04:06 min/km
Ritmo do primeiro 5000: 03:36 min/km
Ritmo do segundo 5000: 03:32 min/km
miércoles, 8 de enero de 2020
DÍA 13. MÉRCORES DE TROTE SUAVE
Tralo entreno forte de onte Martes, tampouco estaba o día para moito máis. Sempre elixo Venres como día libre e Mércores de libre opción, tanto podo trotar como non facer nada e tomarmo como un día de descanso, pero habitualmente acostumo saír a trotar entre 30 minutos e unha hora pola contorna de Campo Lameiro. No caso de hoxe, finalmente foron 7,39 km en pouco máis de 35 minutos a un ritmo medio de 4:47 min/km, percorrido polo pobo, xa que a meteoroloxía non acompañou, moita néboa que complicou as cousas para saír polas aldeas de preto sendo xa de noite. As sensacións seguen sendo boas, o máis importante para min é que actualmente se non corro faltame algo, hoxe co día que estaba, vai dous anos, ía correr cristo, pero agora se non troto por moi pouco que sexa xa non me sinto tan ben comigo mesmo, e esa sensación é maravillosa, sinceramente.
DATOS DO ENTRENO:
-Kms totais: 7,39 km
-Tempo total do entreno: 35:18
-Ritmo medio: 04:46 min/km
-Sensacións: Moi boas
DATOS DO ENTRENO:
-Kms totais: 7,39 km
-Tempo total do entreno: 35:18
-Ritmo medio: 04:46 min/km
-Sensacións: Moi boas
martes, 7 de enero de 2020
DÍA 12. MARTES DE SERIES CORTAS
Como de costume os Martes, desprázome cara Pontevedra para entrenar pola Illa das esculturas, lugar perfecto para entrenar os intervalos, xa que é totalmente chá. Con algo de pereza, comezo a correr, hoxe teño asignado 9 cambios de 1´20¨ con 2´ de recuperación. A verdade, non semella que fora ser un bo día, pero conforme vou quentando, noto como as sensacións van mellorando, algo que acostuma pasar.
Os primeiros cambios saen a un ritmo medio de 3:25 min/km, pero os últimos saen a menos de 3:20, concretamente, o último saeme a un ritmo de 03:09 min/km, algo que me alegra profundamente xa que normalmente peco de saír demasiado rápido e acabar os intervalos a un ritmo moito menos rápido do que un desexaría. Remato o entreno e a verdade e que actualmente, a 7 de Xaneiro, encóntrome moi ben. Aínda que hai que manter a calma, xa que a partir de agora veñen curvas.
Os primeiros cambios saen a un ritmo medio de 3:25 min/km, pero os últimos saen a menos de 3:20, concretamente, o último saeme a un ritmo de 03:09 min/km, algo que me alegra profundamente xa que normalmente peco de saír demasiado rápido e acabar os intervalos a un ritmo moito menos rápido do que un desexaría. Remato o entreno e a verdade e que actualmente, a 7 de Xaneiro, encóntrome moi ben. Aínda que hai que manter a calma, xa que a partir de agora veñen curvas.
lunes, 6 de enero de 2020
DÍA 11. Un suave trote
Moi boas! Neste sinxelo blog irei relatando todo os entrenos que vaia facendo e todo o que me vaia pasando de aquí cara a proba dos 100 km Carballiño-Santiago, que se disputará o vindeiro 14 de Marzo. Personalmente é un reto personal, de superación. Levo correndo pouco máis de 2 anos e a evolución foi moi rápida, tanto que agora ata me vexo capaz de facer algo de tal calibre, ou, polo menos, que é o máis importante, de intentalo.
Todo comezou o pasado 25 de Decembro. Tras correr a SinSon10k o día 22, púxenme a entrenar xa con dirección a esos 100 km, sen suprimir os entrenos de calidade, ou de series, algúns días a semana, pero aumentando os kms en xeral, sendo os Domingos os días de maior quilometrada, maiormente por monte ou pista, que será o terreo por onde se correrán os 100 km.
Estamos a día 6 de Xaneiro e foi onte, cando, de todo o tempo que levo correndo (que non é moito, dito sexa de paso) o día que máis quilómetros corrín. Foron, en total, pouco máis de 30 km, coido que en concreto 30,18 km, mesturando un pouco de pista forestal sen ser moi técnico e tamén asfalto. O que máis me está custando, sen dudalo nin un instante, é o de entrenar co chaleco de hidratación, xa que non só hai que entrar canto e como correr, senon tamén cando e canto comer, qué comer, qué beber, pero bueno, pouco a pouco. Non son moito de meter geles e cousas desas ao corpo, pero neses casos, non queda outra, se non queres quedar polo camiño.
Velaquí o percorrido. Principalmente salín da casa e fixen a subida habitual ata o San Antonio. A partir de aí a subida reduce a súa pendente pero sigue sendo ben marcada ata o km 3 máis ou menos. Posteriormente bordeo as antenas, a unha altura de 450 metros aproximadamente e vou parar ao Acibal. Aí decido baixar ata o pobo de Amil seguido de Paraños, todo isto xa en asfalto. Sigo e subo agüeiros e completo o entreno de 30 km baixando ata Campo Lameiro. Por primeira vez tomo dous geles e como primeiro contacto estivo ben. Téñome que acostumar.
Xa Luns, sen ter as pernas cargadas, cousa que me sorprende trala quilometrada de onte, sorprendente e boa, por outra banda. Saio ás 11 da mañá e troto suavemente por Campo Lameiro 2 km ata que decido subir ata a Armonda para posteriormente baixar por Muimenta e volver para a casa, para completar a hora que se me fora asignada. Finalmente, o entreno saleu a 4:32 min/km e 13,52 km en 1h:01. Trote perfecto sen molestia algunha.
De momento, todo vai según o previsto. Previsión de aumentar os quilómetros semanalmente!
Todo comezou o pasado 25 de Decembro. Tras correr a SinSon10k o día 22, púxenme a entrenar xa con dirección a esos 100 km, sen suprimir os entrenos de calidade, ou de series, algúns días a semana, pero aumentando os kms en xeral, sendo os Domingos os días de maior quilometrada, maiormente por monte ou pista, que será o terreo por onde se correrán os 100 km.
Estamos a día 6 de Xaneiro e foi onte, cando, de todo o tempo que levo correndo (que non é moito, dito sexa de paso) o día que máis quilómetros corrín. Foron, en total, pouco máis de 30 km, coido que en concreto 30,18 km, mesturando un pouco de pista forestal sen ser moi técnico e tamén asfalto. O que máis me está custando, sen dudalo nin un instante, é o de entrenar co chaleco de hidratación, xa que non só hai que entrar canto e como correr, senon tamén cando e canto comer, qué comer, qué beber, pero bueno, pouco a pouco. Non son moito de meter geles e cousas desas ao corpo, pero neses casos, non queda outra, se non queres quedar polo camiño.
Velaquí o percorrido. Principalmente salín da casa e fixen a subida habitual ata o San Antonio. A partir de aí a subida reduce a súa pendente pero sigue sendo ben marcada ata o km 3 máis ou menos. Posteriormente bordeo as antenas, a unha altura de 450 metros aproximadamente e vou parar ao Acibal. Aí decido baixar ata o pobo de Amil seguido de Paraños, todo isto xa en asfalto. Sigo e subo agüeiros e completo o entreno de 30 km baixando ata Campo Lameiro. Por primeira vez tomo dous geles e como primeiro contacto estivo ben. Téñome que acostumar.
Xa Luns, sen ter as pernas cargadas, cousa que me sorprende trala quilometrada de onte, sorprendente e boa, por outra banda. Saio ás 11 da mañá e troto suavemente por Campo Lameiro 2 km ata que decido subir ata a Armonda para posteriormente baixar por Muimenta e volver para a casa, para completar a hora que se me fora asignada. Finalmente, o entreno saleu a 4:32 min/km e 13,52 km en 1h:01. Trote perfecto sen molestia algunha.
De momento, todo vai según o previsto. Previsión de aumentar os quilómetros semanalmente!
Suscribirse a:
Entradas (Atom)




