Intento facer un percorrido no que pise o menos posible o asfalto. Subo cara o San Antonio e collo dirección ás antenas de Gargallóns, clásico percorrido de cando corro por monte moi suave sen facer moitos quilómetros pero claro, hoxe eran moitos máis que habitualmente. Collo cara o Acibal a descubrir novos camiños ata que dan xa os 20 quilómetros no pulsómetro. Encóntrome moi ben, tomo un gel ao levar 10 km máis ou menos e outro aos 20 km. Vanme estupendamente e aínda que os últimos quilómetros se fixeron longos (mentalmente, nestas tiradas o físico é importante, obviamente, pero a mente xoga malas pasadas, a veces fanse máis longos os 5 km finais que os 30 anteriores, parece que non dan acabado, pero é todo mental, e cando os fas só, hai que ter a cabeza moi entrenada). Finalmente, no meu camiño cara a casa xa pasan dos 36 km nun tempo total de 3h:03 min. Correr tanto tempo da pereza ao comezo, pero despois, unha vez quentas, xa está. Todo é poñerse.
Deixovos unha foto dende un dos altos da zona do Acibal:
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 36,02 km
Tempo total: 3h:03 minutos
Ritmo medio: 5:07 min/km
Desnivel positivo: 1018 metros
Sensacións: De momento, non poden ser mellores
El éxito es alcanzado por personas ordinarias con una determinación extraordinaria

No hay comentarios:
Publicar un comentario