domingo, 19 de enero de 2020

DÍA 22: PONSE SERIA A COUSA, DISTANCIA CASE DE MARATÓN


Os Domingos son de botarse a correr e a facer quilómetros. Nesta preparación, cada semana vanse sumando 5 km máis cada Domingo. Hoxe, tocaba facer case case unha distancia de maratón. Coa compañía de Hugo, que vai na bici, saímos ás 9:45 da mañá baixo un solazo de escándalo, pero tamén con moito frío, por diante, 40 quilómetros. Tiramos cara o embalse de Verducido, onde damos unha volta e onde tamén subimos á estatua do canteiro. A partir de aí, quedaba o máis duro, xa que o que ata ese momento baixáramos, había que subilo, pero decidimos ir por outro percorrido para non facer o entreno por unha mesma zona e tiramos cara a Amil onde nos dan os 31-32 km máis ou menos, quedaban só 8, pero con moito desnivel para riba. Nestes entrenos, xa non fisicamente, senon a cabeza xoga malas pasadas ao remate de cada entreno, xa que esos últimos quilómetros non dan pasado, pero con compañía lévanse moito mellor, menos monótono, vas falando, é outra cousa e ao fin e ao cabo o entreno é o mesmo.

Un momento do entreno no embalse de Pontillón do Castro   
Hoxe si que xa foi un entreno bastante serio, xa se empeza a notar a carga nas pernas pero claro, é normal, son quilometradas e o corpo non está habituado a este tipo de entrenos, pero, de momento, as sensacións non poden ser mellores.

DATOS DO ENTRENO:

Quilómetros totais: 40,20
Duración total: 03:29:20
Ritmo medio: 05:12 min/km
Desnivel positivo: 1029 m
Sensacións: Inmellorables

 "Y en mi casa, llorando, descubrí que había una persona que sí creía en mí. ¿Sabéis quién? Yo"

No hay comentarios:

Publicar un comentario