sábado, 18 de enero de 2020
DÍA 21: UN RODAXE BAIXO A CHUVIA EN PONTEVEDRA
Os Venres son de descanso, un descanso relativo, xa que hai que traballar e estás en movemento igualmente, pero este día, entrenar non se entrena, é o que se chama un "descanso activo". Polo tanto, tras descansar onte, hoxe Sábado, de paso que tiña que baixar a Pontevedra a facer unhas compras, pois xa me dispuxen a entrenar por onde tantas veces teño entrenado (e o que me queda), pola Illa das Esculturas. Eran sobre as 11 da mañá e comezo a correr un pouco, os primeiros quilómetros aínda saen algo máis amodo pero xa en pleno entreno algún xa sae a 4:00 min/km sendo en principio un trote moi suave antes da quilometrada de mañá Domingo, cando me tocan 40 km. Isto é algo no que me levo fixando ultimamente cando me tocan rodaxes sen forzar moito. Fisicamente encóntrome moi ben e isto debe provocar que non me coste nada ir a ritmos algo máis rápidos nas rodaxes, o corpo xa mo pide, sae só, digamos como que me aburro se vou máis lento, e antes nunca me pasara. É unha sensación maravillosa.
Para non facer este entreno máis aburrido, en vez de correr seguido pola Illa collo tamén por orillamar ata pasar a ponte da barca, para despois volver ata Monteporreiro e completar un percorrido de 12,29 km, con sensacións inmellorables.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 12,29 km
Duración: 00:52:16
Ritmo medio: 04:16 min/km
Sensacións: Moi boas
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
No hay comentarios:
Publicar un comentario