lunes, 13 de enero de 2020

DÍA 17: COMEZO DE SEMANA. LUNS DE RODAR


Trala tirada longa do Domingo, as pernas aínda estaban algo tocadas pero para a miña sorpresa, e para non facer de momento nunca esa distancia de máis de 30 km correndo ata onte, o cansancio brillaba pola súa ausencia. Noite pecha xa cando me dispuxen a correr, sobre as oito menos cuarto. Ata ese momento non chovera, pero xusto antes de saír pola porta da casa... ala! Chuvia fina e persistente, desa que é bastante incómoda para correr, pero que chova e que sexa noite é unha excusa moi barata como para non cumplir co entreno.

Co cal, collo o meu frontal,  un chuvasco amarillo reflectante e saio. A verdade é que hoxe era para facer algo moi suave pero a medida que vou quentando o ritmo vai aumentando e fago 7 km en pouco menos de 30 minutos. Baixo cara O Nogal e subo para Campo Lameiro pero variando o percorrido, collendo pola igrexa de Santa Mariña da Fraga, zona de habitual paso nas rodaxes por asfalto a estas horas. Remato de correr con sensacións coma as de estos días atrás, moi boas, pero non hai que emocionarse, con calma.

DATOS DO ENTRENO:

Quilómetros totais: 14,10 km
Tempo total:1h:00:36
Ritmo medio: 04:17 min/km
Sensacións: Moi boas

"Que no te roben, esas ganas que son fuego"

No hay comentarios:

Publicar un comentario