Obxetivo100k
domingo, 2 de febrero de 2020
DÍA 34: A PRIMEIRA PEDRA NO CAMIÑO
Pois sí. A primeira pedra do camiño aos 100 km chegou hoxe en forma de ¿lesión?, eso parece. Levaba 23 km corridos dentro dos cales xa me tiña molestado algo pero non foi ata baixar da estatua co canteiro, no embalse de pontillón do Castro, cando a perna esquerda, xusto debaixo da rodilla, me dixo basta. Unha dor moi desagradable que me impedía correr por moito que no intentara, unha sensación, repito, moi, moi desagradable, coma se estivese algo trabado aí. A verdade é que que che pase algo desto cando vai todo rodado é unha putada, pero destas cousas apréndese, apréndese a estirar si ou si para que non che pasen estas cousas, a descansar algo máis...etc. Aprendes a valorar cando estás ben sobretodo. Pero claro, mirando con perspectiva, é normal que me pase. Xamais, nos 2 anos que levo correndo, só DOUS ANOS, fixen tantos quilómetros, e claro, o corpo aínda se está habituando e que veñan sobrecargas é algo normal, esperemos que non vaia a máis. O raro sería que non me pasase nada nesta preparación.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 23,11 km
Duración total: 01:58:01
Ritmo medio: 05:06 min/km
Sensacións: Malas
sábado, 1 de febrero de 2020
DÍA 33: TROTANDO E CANSADIÑO
Chega a fin de semana, cheira a quilómetros. Tras descansar, como cada semana, o Venres, o Sábado pola mañá baixo unha densa chuvia cálzome as zapatillas, poño o chuvasquero e saio a correr por Campo Lameiro adiante. Hai que dicir que hoxe as pernas pesaron moito, entre o tempo que estaba, as semanas de traballo que estamos tendo e os quilómetros que xa teño enriba acumulados, máis non se pode facer, pero ao final saíu un bo entreno con vistas aos 50 quilómetros de mañá, que é o entreno verdadeiramente importante.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 12,02 km
Duración total: 00:51:58
Ritmo medio: 04:19 min/km
Sensacións: Cansado, pero ben
jueves, 30 de enero de 2020
DÍA 32: SUFRINDO NAS SERIES LONGAS
Chegaba un dos días máis duros de cada semana, xunto cos entrenos dos Domingos. Normalmente fago dous días de series, os Martes son as series cortas e os Xoves é cando hai que apretar os dentes e sufrir nas series de máis distancia. Para hoxe, Victor tíñame programado un 7000 e un 6000, sendo o 7000 a un ritmo máis rápido ca o 6000 para aprender a autoregularme. Efectivamente, xa sabe do que peco. Empezo o 7000 con tantas ganas que os dous primeiros quilómetros saenme a 3:20 e 3:21 min/km respectivamente, despois, loxicamente, peto e empezo a baixar o ritmo pero aínda así o 7000 saeme nunha media de 3:33 min/km, que non está nada mal. O meu fallo foi comezar a un ritmo tan, tan rápido, pero soubeno salvar ben. Tras descansar 4-5 minutos, tocaba facer o 6000. A un ritmo máis baixo ca o 7000 e efectivamente, mantéñome entre 3:37 e 3:43 min/km, saíndome unha media ao final de 3:41, que volvo repetir, para comezar o 7000 a un ritmo tan rápido, non está nada, pero nada nada mal. Agora, por diante un Venres de descanso antes da quilometrada da fin de semana.
DATOS DO ENTRENO:
Distancia total: 19,07 km
Duración total: 01:18:07
Ritmo medio: 04:05 min/km
Sensacións: Moi boas
DÍA 31: TROTANDO SUAVEMENTE
Mércores sen nada novo. Entre os días de series ou ben se descansa por completo ou se trota, e eu escollo trotar, aínda que sexa moi suave. O simple feito de saír a correr xa axuda a un. Seguimos con días de chuvia en Galicia pero sen nada de frío, media hora para ver que roupa coller para saír a entrenar. Día sen máis.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 7,33 km
Duración total: 00:35:12
Ritmo medio: 04:48 min/km
Sensacións: Moi boas
martes, 28 de enero de 2020
DÍA 30: AUMENTA A DURACIÓN DAS SERIES CORTAS
Tras soltar algo os músculos na xornada do Luns trala tirada longa do Domingo, como cada Martes tocaba desprazarse a Pontevedra para facer intervalos curtos, desta volta de 2 minutos de duración. Nun principio, o día non acompañaba moito, estamos a ter días grises e de chuvia que ao que máis convidan é a quedar na casa ao quente, pero quen algo quere algo lle costa. Ao aumentar a duración dos intervalos pois case case hai que baixar algo máis o ritmo ca se son curtas, para aguantalas. Máis ou menos, a media de todos os intervalos saen a 3:14-3:15 min/km, o cal non está nada mal para a carga de quilómetros que estamos facendo, as pernas ao comezo da semana sempre pesan pero parece que estamos asimilando ben os entrenamientos. Sigamos!
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 13,52 km
Duración total: 01:00:15
Ritmo medio: 04:27 min/km
Sensacións: Boas, pero algo cargado.
lunes, 27 de enero de 2020
DÍA 29: SOLTANDO AS PERNAS TRALA QUILOMETRADA DO DOMINGO
Tras superar o muro da distancia de maratón o Domingo, hoxe comezamos nova semana e como cada Luns tocaba rodar un pouco por asfalto para soltar os músculos trala carga que se lle meteu onte. A verdade é que o día convidaba a saír de traballar e quedar na casa ao quente, pero quen algo quere algo lle costa e, como a todo esto que estou facendo lle estou metendo unhas ganas incribles. pois tocaba mollarse. Aínda con día, saio e fago o percorrido habitual dos Luns, pero baixo unha chuvia intensa e pertinaz que non parou nin un momento, incluso a veces con forte vento, o que dificultaba o trote. Ao comezo empezo ben pero xa entre máis da metade e o final do entreno xa noto que as pernas acusan o esforzo de onte, están bastante cargadas, pero é algo totalmente normal, hai que habituarse a correr tamén con fatiga!.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 15,52 km
Duración total: 1:10:57
Ritmo medio: 04:34 min/km
Sensacións: Boas, pero con pernas cargadas.
domingo, 26 de enero de 2020
DÍA 28: SUPERADA A DISTANCIA DE MARATÓN.
Cada semana que pasa, a cousa vaise poñendo cada vez máis seria, os quilómetros van aumentando de xeito considerable e iso o corpo vaino notando. Amencía un Domingo no que de madrugada chovera algo, de feito espertoume a chuvia batendo contra o tellado a eso das 6 da mañá e dixen uf! o que nos espera. Érgome da cama, desayuno o de tódolos días e saio, hoxe, na compañía de Felipe, el vai na bici e eu correndo. Todo se leva mellor en compañía. Repito o percorrido do outro día pero na Amil, en lugar de subir xa por monte, collo algo máis de asfalto para facer máis quilómetros, total o desnivel ía rematar sendo o mesmo, e finalmente foi algo máis que a semana pasada. Remato bastante cómodo a verdade, obviamente canso, son moitos quilómetros, pero todo vai rodado. Por sorte, só choveu algo no quilómetro 38-39 máis ou menos. O corpo xa se vai acostumando tamén a beber correndo e á toma de geles, cousa que sigo sendo reacio, non me gusta meterlle "merda" ao corpo pero tomar cousas sólidas correndo remataría sendo perxudicial, vas gastar moito e os geles métenche máis ou menos o que necesitas dun xeito máis efectivo e rápido. É o que hai.
DATOS DO ENTRENO:
Quilómetros totais: 45,38 km
Duración total: 03:43:38
Ritmo medio: 04:55 min/km
Desnivel positivo: 1108 metros (o polar sempre marca de menos, é mellor fiarse do Strava)
Sensacións: Boísimas
"Da miedo saltar al vacío,
pero más miedo da
no hacerlo"
pero más miedo da
no hacerlo"
Suscribirse a:
Entradas (Atom)

