sábado, 25 de enero de 2020

DÍA 27: O CORPO PIDE CAÑA


O normal antes dunha tirada tan longa coma a que toca mañá Domingo, sería ou facer un trote moi suave ou xa directamente non facer nada, pero tras descansar o Venres, xornada que sempre elixo de desconexión de correr, hoxe xa nada máis erguerse e co día de sol que estaba, o corpo pedía saír a correr e darlle un pouco de caña. Os primeiros kms fanse algo duros xa que facía media hora que saíra da cama e aínda por riba foron de subida, a 4 e moito por quilómetro, pero conforme van pasando os quilómetros voume encontrando mellor ata o punto de que un simple trote suave convírtese nunha progresión que pasa dende ir a 4:50 min/km a rematar a 3:32 min/km. Cheguei a un punto que, tamén che digo, non sei canto durará, pero aínda ao ir a 4 min/km penso que vou lento, cando ir a ese ritmo xa é ir rápido, e inconscientemente aumento o ritmo e o mellor de todo é que vou cómodo, creo que é das mellores cousas que lle pode pasar a un corredor. Encontrarse a gusto e sendo feliz correndo.

DATOS DO ENTRENO:

Quilómetros totais: 13,42 km
Duración total: 00:54:25
Ritmo medio: 04:03 min/km
Sensacións: Estupendas

No hay comentarios:

Publicar un comentario